martes, 9 de decembro de 2014

679

santa Comba de Bande
www.travellersbook.net
aprox., construción de Sta. Comba de Bande.

os jázaros empurran os búlgaros cara territorios bizantinos, establecéndose no delta do Danubio. Constantino IV monta unha operación terrestre e naval que suma 25000 homes para contelos e ataca a base búlgara en Dobruja.

Constantino IV é derrotado na batalla de Ongal: a cabalería búlgara esfarela as liñas bizantinas mentres o emperador está en Nesebar para ser atendido de dores nas pernas.

Asparuch atravesa o Danubio coa súa horda, toma portos como Odessos e domina Moesia.

Georgios I, novo patriarca de Constantinopla, en sucesión de Theodoros I.

Constantino IV asina un tratado de paz con Mu’awiyya (estipúlanse 30 anos sen agresións mutuas) pola que o califa paga 3000 nomismata (libras de ouro), 50 cabalos e 50 escravos. Os musulmáns retiran as súas posicións nas costas bizantinas e incluso abandonan Chipre e Rhodas.

Aethelred de Mercia casa coa princesa Osthryth, irmá de Ecgfrith de Northumbria.

Adomnan, crego e avogado, novo abade de Iona.

os tibetanos controlan a conca do Tarim logo da batalla de Ta-fei-tch’ouan.

decembro, 23: Dagoberto II, rei de Austrasia, é asasinado por instigación de Pipino de Heristal durante unha cacería cerca de Stenay-sur-Meuse. Os catro fillos varóns do rei morreran antes que el. Theuderico III é agora rei de todos os territorios francos.

Pipino de Heristal é fillo de Begga, filla de Pipino de Landen, e Ansexisal, que sucedera ao de Landen como mordomo de palacio.

asemblea de Duvno coa presenza de Agathon e Constantino IV que deciden a creación de dous bispados diferentes para croatas e serbios.

Ningún comentario:

Publicar un comentario