martes, 9 de decembro de 2014

678

Agathon
ojoscuriosos.com
abril, 11: morre Donus.

xuño, 27: Agathon, novo bispo de Roma; o primeiro que non paga o tributo debido a Constantinopla logo de ser elixido.

Ebroino e Neustria vencen as tropas de Austrasia en Bois-du-Fay.

Aethelred de Mercia derrota a Ecgfrith de Northumbria onde o río Trent. Theodoro, arcebispo de Canterbury, media entre os dous, e Aethelred acepta pagar ‘weregild’ para evitar reiniciar hostilidades. Aelfwine de Deira morre na batalla, co que Bernicia e Deira unifícanse definitivamente como Northumbria.

Wilfrid, bispo de Eboracum, posúe amplas propiedades por todo Northumbria. Logo de rexeitar unha división da sé, Ecgfrith e Theodoro deciden obrigalo a marchar ao exilio. Bosa sucédeo como bispo de Eboracum.

en Xapón, planifícase o culto nacional aos deuses do ceo e da terra. Tenmu escolle a súa filla Tōchi como Saiō para facerlle servir os deuses. Sen embargo, a princesa enferma repentinamente e morre.

Munmu de Silla ordena a construción do complexo Beomeosa en Geumjeong-gu.

outubro, 2: nobres de Neustria torturan e executan a Leodegario de Autun en Fécamp (Normandía).

Ningún comentario:

Publicar un comentario