luns, 8 de xullo de 2013

iv. a dominación romana

asasinato de Viriato
026. División da península polos romanos. Os romanos dividiron a península en dúas provincias, que eran gobernadas por pretores: a Citerior, cuxa capital era Tarragona, e a Ulterior, que a tiña en Cádiz.

027. Períodos de dominación. A dominación romana abrangue dous períodos: o da guerra da independencia e o da paz ou submisión a Roma.

A dominación durou máis de seis séculos. O primeiro período abrangue 186 anos: dende a expulsión dos cartaxineses, ata a submisión dos españois, conseguida por Augusto, ano 19 d.C.; o segundo período abrangue 428 anos; comprende dende Augusto ata a invasión dos bárbaros do norte.

Durante o segundo período, os españois dedicábanse ás letras e ás artes, inflúen poderosamente no goberno e civilización de Roma, e España abraza o cristianismo.

028. Quen se distinguiu pola independencia. Durante a guerra da Independencia, resaltan, principalmente, as fazañas de Viriato e Sertorio e a cidade de Numancia.

029. Viriato. Viriato era pastor lusitano que, horrorizado da crueldade e rapacidade coa que os dominadores procedían, levantou un exército, derrotou repetidas veces aos romanos e obrigounos a asinar un tratado vergoñento, polo cal Roma recoñecía a independencia de Extremadura e boa parte de Castela.

Viriato morreu asasinado na súa propia tenda mentres durmía, por tres dos seus xenerais vendidos aos romanos. Cóntase que cando os asasinos se presentaron para recibir o prezo da súa infamia, o pretor contestoulles mirándoos con desprezo: “Roma non premia a traidores.”

último día de Numancia
030. Sertorio. Sertorio foi un astuto e valente xeneral romano que, desexoso de vingarse do goberno de Roma, viu a España e, poñéndose á fronte dos nacionais, derrotou moitisimas veces aos romanos. Como Viriato, foi asasinado polo seu lugartenente Perpena, vendido aos romanos.

Ao morrer Sertorio, os españois quedaron sen un xeneral entendido que lles guiara, e case toda a Península se someteu a Roma. Os astures e os cántabros foron os últimos que opuxeron resistencia aos pretores.

031. Numancia. Numancia era unha cidade situada próxima a Soria, onde, despois da morte de Viriato, os fuxitivos do seu exército atoparon hospitalidade.

032. Lealdade de Numancia. Roma pretendeu que Numancia lle entregara aos soldados que loitaran ás ordes do gran Viriato; pero os numantinos negáronse a iso, porque así llo esixía a súa lealdade.

033. Destrución de Numancia. Téndose negado os numantinos ás inicuas esixencias dos romanos, estes puxeron sitio á cidade, e despois de catorce anos de resistencia incríble, emulando a heroicidade de Sagunto, preferiron morrer antes que renderse aos seus crueis inimigos.

Despois da destrución de Numancia seguiu un longo período de paz, que rematou coa chegada de Sertorio a España.

a "súa" historia de España

Ningún comentario:

Publicar un comentario