sábado, 6 de xullo de 2013

ii. os fenicios e os gregos

embarcación fenicia
010. Os fenicios. Unhos 1200 anos a.C., os fenicios chegaron a España. Viñeron por mar, e procedían da Fenicia, ou Canaán, pequena rexión de Asia Menor.

Os fenicios eran un pobo ilustrado, industrioso e comercial, que estendeu o seu activo comercio polas costas do Mediterráneo, vendendo aos naturais do país as prezadas manufacturas de Tiro e de Sidón, cidades principais da Fenicia. Deles aprenderon os españois moitas industrias, a navegacións, a escritura, a aritmética, a construción de embarcacións, o labor das minas, o uso da moeda, as utilidades da lá, o coñecemento da estrela Polar, o cultivo da vide, …; deron a coñecer o papiro para escribir, e fundaron varias cidades, como Cádiz, Alxeciras, Málaga, Motril, Córdoba, Sevilla, …

embarcación grega
011. Que máis debemos aos fenicios. Tamén debemos aos fenicios o coñecemento de moitas prácticas agrícolas, a industria do sal, a cerámica, a fabricación de vidro e de aceite e o nome que leva a nosa patria, pois cambiaron o de Iberia, que recibiu dos iberos, polo de España, que é o que ten prevalecido.

012. Carácter dos fenicios. O pobo fenicio era cobizoso e avaro, ata o extremo de que todo lle parecía lícito con tal de realizar bos beneficios.

Os celtíberos coñecían o valor da prata e do estaño, e cedían a aqueles mercadores grandes cantidades destes metais a cambio de manufacturas vistosas e outros obxectos de escaso valor.

escultura grega
013. Os gregos. Unhos 700 anos a.C., cando inda estaban os fenicios en España, chegaron a ela os gregos, por mar, procedentes das colonias gregas de Rodas, Samos e Focea, e establecéronse no leste da Península.

014. Obxecto dos gregos. Os gregos eran rivais dos fenicios na navegación e comercio do Mediterráneo; ao vir a España, só lle guiou un fin comercial.

Os gregos fundaron varias poboacións, sendo as principais Rosas, Ampurias, Denia, Sagunto e outras, tanto na Península como nas Baleares. As colonias gregas contribuíron en gran maneira ao progreso da cultura española. Vivían independentes, e gobernábanse pola forma republicana, establecendo todas as colonias unha verdadeira federación.

015. Gregos e celtíberos. Cedo se verificou a fusión dos gregos e celtíberos: os sanguentos deuses fenicios foron substituídos polas crenzas relixiosas dos gregos e o idioma grego non tardou en ser a lingua dos celtíberos, e iniciáronse nas letras, as ciencias e as artes, que tanto cultivaba o pobo grego.

a "súa" historia de España (cuasi completa)

Ningún comentario:

Publicar un comentario