venres, 5 de xullo de 2013

i. preliminares. tempos primitivos

mapa de España primitiva
001. Historia de España. É a exposición verdadeira dos acontecementos da nosa Patria.

002. A súa división. A Historia de España divídese en catro partes: Historia da Idade Antiga, Historia da Idade Media, Historia da Idade Moderna, e Historia Contemporánea.

003. Historia Antiga. A Historia Antiga de España comprende desde os tempos máis remotos, ata a invasión dos bárbaros do norte, ano 409.

004. Historia da Idade Media. A Historia da Idade Media comprende desde a invasión dos bárbaros do norte ata o reinado dos Reis Católicos, é dicir, desde o ano 409 ao 1479.

005. Historia Moderna. A Historia da Idade Moderna comprende desde o reinado dos Reis Católicos ata a guerra da Independencia, isto é, desde o ano 1479 ao 1808.

006. Historia Contemporánea. A Historia Contemporánea de España comprende desde a guerra da Independencia ata os nosos días.

007. Os españois primitivos. Os españois primitivos vivían en chozas ou cavernas e cubrían o seu corpo coas peles de animais que cazaban, labraban a pedra, da que facían as hachas, os coitelos, as serras e demais obxectos de que se servían.

008. Iberos, celtas e celtíberos. Unhos 200 anos antes de Xesús Cristo, chegaron á Península os iberos e máis tarde, os celtas, e da fusión de ambos pobos resultaron os celtíberos.

Iberos e celtas procedían de Asia, e chegaron a España despois de longa peregrinación a traveso de Europa. Os iberos ocuparon o leste e o sur, e os celtas, o norte e o oeste.

Ambos pobos constituían unha raza enérxica, vigorosa e amante da súa independencia. Vivían en cabanas agrupadas, e dedicábanse á agricultura, ao pastoreo e á caza; traballaban o ferro e o cobre, e cubrían o seu corpo con teas de algodón, que fiaban e tecían as mulleres.

Iberos e celtas guerrearon durante longuísimo tempo, e por fin, a mestura duns con outros dou lugar a un terceiro pobo, o celtíbero, que ocupou a parte central da península.

009. Monumentos megalíticos. Destes remotisimos tempos proceden os Monumentos megalíticos, como os dolmens, os menhires, os trilitos, …, construídos con grandes pedras sen labrar. Os monumentos ciclópeos atribúense aos iberos e aos celtas.

a "súa" historia de España (cuasi completa)

Ningún comentario:

Publicar un comentario